O PP de Vila de Cruces reúnese en Santomé de Obra e Brandariz
- ecosdacomarca

- 4 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O PP de Vila de Cruces desprazouse esta fin de semana ata as parroquias de Santomé de Obra e Brandariz para escoitar as necesidades e propostas dos seus veciños e veciñas.

"Unhas reunións moi positivas nas que a veciñanza aportou novas ideas que engadimos ó noso proxecto", sinalan os populares. Algunhas desta son:
No lugar de Pastoriza (Brandariz) procederase á adquisición de terreos para construción dun centro social.
Construción dun depósito de auga para prevención de incendios no lugar de Pinlle (Brandomés).
Ampliación da rede de saneamento e construción dunha depuradora de augas residuais que dea servizo a toda a parroquia.
Dotación de auga pública nos lugares de Brandariz, Brandomés, Pastoriza, Pinlle e Vilar.
Remodelación do local social para darlle unha actividade lúdico-formativa tanto para maiores como para rapaces.
Remodelación dos parques infantís, equipados con máquinas biosaudables, e acondicionamento do campo de fútbol.
Petición á Deputación de Pontevedra a cesión dun tramo da estrada que discorre desde a panadería Balo ata o cemiterio para que sexa de titularidade municipal.
Creación dunha senda desde a panadería Balo (Brandomés) ata o cemiterio da igrexa.
Mentres, en Santomé de Obra acordouse o seguinte:
A adquisición de terreos para a construción dun centro social.
Creación da rede de saneamento e depuradora de augas residuais.
Dotar a toda a parroquia de fibra óptica.
Construción dunha senda peonil desde Santomé ata a ponte de Remesquide.








Comentarios