top of page

O PP de Vila de Cruces propón varias iniciativas dirixidas á mocidade

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

"Os nosos xóvenes son o motor para o cambio social e o progreso, por este motivo,

comprometémonos a seguir aumentando a oferta formativa do IES Marco do Camballón coa implantación do ciclo superior de enerxías renovables", recalca o PP de Vila de Cruces, que ademais fala doutras propostas relacionadas con este grupo da sociedade.

"Desde o noso partido queremos garantir o benestar emocional, psicolóxico e social, realizando campañas de prevención e sensibilización para o coidado da saúde mental na adolescencia. Para aqueles mozos e mozas de entre 18 e 25 anos, destinaranse axudas de 400 euros para sacar o carné de conducir e facilitaremos o acceso á vivenda no rural con axudas de 10.000 euros para a compra dunha casa no rural e 12.000, a fondo perdido para a rehabilitación dunha vivenda; ambas axudas son compatibles coas que outorga a Xunta de Galicia".


Así mesmo, promote deseñar "unha atractiva programación anual de actividades, entre as que resaltamos a formación xuvenil, as novas tecnoloxías, o emprendemento xove, as actividades multiaventura e as excursións adaptadas aos distintos períodos do ano. A través de “Percorrendo Europa”, realizaranse intercambios xuvenís con rexións de Europa coa finalidade de convivir en proxectos comúns durante períodos breves. Así mesmo, proporcionarase asesoramento para a realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas co Programa de Mobilidade transnacional xuvenil GALEUROPA, co obxectivo de axudarlles ós mozos a adquirir competencias para a vida e o seu futuro profesional".

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por último, outras das súas propostas importantes son a posta en marcha do Proxecto Coworking (habilitando un espazo de traballo para emprendedores ou persoas que desexen teletraballar, coa vantaxe de tarifas flexibles), o programa de voluntariado xuvenil e o apoio económico e a potenciación dos grupos teatrais do municipio.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page