top of page

O PP de Vila de Cruces propón a creación dun Centro de Información á Muller

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Un recurso gratuíto que atende ás demandas das mulleres de forma personalizada, proporcionando asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e socio laboral


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular de Vila de Cruces dá a coñecer outro dos seus proxectos fundamentais para este municipio: a creación do Centro de Información á Muller (CIM). Un recurso gratuíto que atende ás demandas das mulleres de forma personalizada, proporcionando asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e socio laboral.

"Apoiaremos o talento e o emprendemento femenino mediante a formación e o asesoramento para todas aquelas mulleres con vocación empresarial que desexen desenvolverse como emprendedoras ou que queiran facer medrar as súas empresas. Ademais, deseñarase un Programa de Igualdade de Oportunidades mediante actividades

socioeducativas, dirixido a distintos grupos de idades e colectivos. Tamén se realizarán talleres de empoderamento para mulleres maiores co obxectivo de adquirir habilidades que permitan desfrutar dunha maior autoestima".

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así mesmo, sinala que "abordaremos a integración e a dinamización social coa capacitación das persoas inmigrantes no uso do idioma galego e castelán como vehículo fundamental para a comunicación e a inclusión social, e promoveremos actividades de dinamización social que permitan a integración no noso entorno.


Desde o Partido Popular de Vila de Cruces, recalcan, "seguiremos loitando pola igualdade de dereitos e oportunidades de tódolos cruceños".

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page