Está encabezada por Jesús Otero quen foi alcalde do municipio durante 28 anos
Laura Moure/Vila de Cruces
O Partido Popular de Vila de Cruces presenta a súa candidatura para as próximas eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro 28 de maio. "A nosa candidatura está formada por unha lista que presenta unha renovación de ata o 83%, conscientes de que a achega de novas ideas e de novas visións nos axudarán a estar preto do que máis importa, os veciños e as veciñas do noso municipio".
A candidatura está encabezada por Jesús Otero Varela, actual portavoz do grupo e que foi alcalde do municipio durante 28 anos. "A figura de Jesús, co seu coñecemento das institucións e da acción de goberno, o seu sentidiño e a súa experiencia fan o candidato idóneo para loitar polo futuro de Vila de Cruces".
Os tres primeiros postos complétanse con Vanessa Trigás, veciña de Larazo e Técnica Superior de Laboratorio en Análisis Clínicos, vinculada ó ámbito farmacéutico durante máis de dezaseis anos, e con Delfina Carrera, veciña da parroquia de Camanzo que leva anos traballando nun centro de ensino.
No cuarto posto estrease Luís Pol, empresario da construción e veciño de Oirós e, no quinto David Saa, veciño de Loño e graduado en electromecánica. No sexto posto presentan a Belén Pájaro, natural da parroquia de Brandariz, graduada en ciencias políticas e criminoloxía.
No séptimo está Manuel Ríos, veciño de Carbia que exerce como Persoal Laboral no concello de Vila de Cruces. No oitavo posto, atópase María del Carmen Méndez, veciña de Salgueiros e licenciada en Dereito.
No posto noveno sitúase Jesús Ramón Pena, profesional ATS e veciño de Piloño. No décimo posto, Celestino López de Sabrexo e empregado na industria téxtil. No posto número once estrease a xoven emprendedora Nerea Blanco, quen rexenta un establecemento de alimentación.
No doce, José Luís Castiñeiras, veciño de Besexos e empregado nunha empresa do sector do metal e no posto número trece María Pilar Barrio, veciña de Tuiriz e técnica sociosanitaria en coidados de persoas maiores.
No posto catorce atopamos a Ramón Otero, Arquitecto Técnico, involucrado no deporte local, especialmente na disciplina do fútbol. O posto número quince resérvase para o Encargado de Obras públicas e veciño de Vila de Cruces Miguel Balo, sendo o posto décimo sexto para Laura Espigó, profesional do servizo de Axuda a Domicilio, natural de San Pedro de Losón.
O posto décimo séptimo será representado pola veciña de Fontao, Lucimar Pardo quen se
adica ao coidado dos nosos maiores e, no décimo oitavo o Gandeiro de Bodaño Javier Cea. No décimo noveno posto está Manuel Otero, Profesional Ferroviario da empresa estatal Renfe e veciño de Bascuas.
No vixésimo, está o mestre natural de Portodemouros Antonio Ramón González e, no vixésimo primeiro, a veciña de Cumeiro Paula Barreiro, empregada administrativa. No vixésimo segundo posto atópase Verónica Louzao, veciña de Ferreirós e auxiliar de
enfermería e, no vixésimo terceiro, Alejandro González, veciño de Vila de Cruces e Graduado en Dirección e Xestión Pública con Máster en Dereito e Negocio Marítimo.

"Unha lista renovada, con novas ideas e importantes proxectos, apoiando totalmente aos nosos maiores coa xestión correcta e efectiva do servizo de Axuda a Domicilio e a posta en marcha do Centro de Día de Vila de Cruces. Pensando nos nosos cativos, coa posta en marcha dunha unidade de atención temperá que aborde os problemas do desenvolvemento e, como non, un programa completo de conciliación gratuíto para as persoas empadroadas no municipio, o cal foi deseñado en colaboración con diversos colectivos. En paralelo, a Educación é a nosa máxima prioridade, pois entendemos que é o camiño para poder construír un pobo máis forte. Loitaremos por ampliar a oferta educativa do IES Marco do Camballón, destacando neste senso a impartición do Ciclo Superior en Enerxías Renovables".
Así mesmo, o grupo popular recalca que "o apoio á mocidade materializarase apostando por atraer empresas que fagan posible que os nosos xóvenes teñan mais oportunidades de poder traballar no seu propio municipio ao tempo que artellaremos as axudas de rehabilitación e de compra de vivendas no rural, sen esquecernos das axudas para conseguir o carné de conducir. O noso grupo ten como prioridade o reto demográfico, para iso empregaremos políticas que atraian empresas e autónomos ó noso municipio, ao tempo que impulsaremos o tecido comercial local con plans de emprendemento e a posta en marcha do polígono agroforestal".
Ademais, considera que "é unha candidatura dun partido líder, forte e unido. Un equipo de mulleres e homes que representan a sociedade cruceña de distintos puntos do noso municipio, con idades diferentes, con formación, comprometidos, e cunha idea fundamental: as ganas e a ilusión de traballar polo noso pobo".
Comments