Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Partido Popular de Vila de Cruces pronúnciase ante a recente publicación por parte do equipo de goberno de Xuntos, que afirma querer informar aos veciños de Vila de Cruces sobre a realidade en torno aos feitos publicados na anterior nota de prensa dos populares. "Consideramos fundamental que esta aclaración serva para arrogar luz sobre cuestións que afectan directamente aos nosos veciños e pode empezar a explicar porque se levaron a cabo dous procesos selectivos, e non un só baixo o formato concurso-oposición como estaba inicialmente previsto para a consolidación das tres prazas de operarios de vías e Obras", recalca o PP.
Este cambio, indican os populares, "resulta especialmente significativo xa que coincide exactamente co inicio laboral do irmán do concelleiro de Vías e Obras no mesmo departamento que el dirixe. Preguntámonos por que se modificou este proceso xusto nese
momento, permitindo así un acceso libre que podería ter beneficiado intereses particulares.
Ademais, tamén pode informar que foi o propio alcalde quen designou ao tribunal encargado de avaliar estes procesos. Sen embargo, este tribunal non cumpre co estipulado pola lei en termos fundamentais como son a paridade entre homes e mulleres ou as especialidades requiridas para realizar unha valoración adecuada".
Publicidade
Esta situación, apunta que, "formula serias dúbidas sobre as razóns detrás destas decisións e a súa posible relación con falta de interese ou compromiso por parte dos potenciais avaliadores".
Noutra orde de cousas, en relación coa furgoneta alugada para Vías e Obras, "quixéramos recordar ao señor alcalde as súas propias declaracións realizadas en pleno sobre deixar atrás o alugueiro actual relacionado con esta furgoneta destinada ao servizo municipal cando contaran coas novas unidades. O argumento vertido acerca do número superior de operarios aos vehículos dispoñibles durante nove meses resulta pouco convincente; sería insostible asumir que cada operario requiría o seu propio vehículo individualmente. Tamén queremos aclarar que por parte deste partido nunca afirmamos que a fotografía concreta fose tomada nunha vivenda particular; simplemente informamos sobre usos privados atribuídos ao uso diario por parte municipal segundo nos indicaron varios veciños".

Por último, o PP insta "novamente ao equipo de goberno de Xuntos a centrarse verdadeiramente en traballar para mellorar Vila de Cruces sen caer en prácticas superficiais ou “postureo”. Recordemos un episodio recente onde se priorizan as preocupacións estéticas do señor alcalde que recriminou na última visita oficial do Delegado Territorial da Xunta de Galicia xa que non o sacaban adecuadamente nas fotos ante necesidades reais do noso municipio como solicitar máis investimentos durante esta visitas oficiais, o cal si fixo o noso partido". "Outro exemplo mÁis deste “postureo” deste desgoberno, foi a imaxe publicada recentemente polo noso tenente-alcalde Julio López, onde se pretende amosar que se traballa para promocionar o noso municipio ante España nesta edición de Fitur, pero foi de paseo xa que non sen realizou ningún esforzo cara promover adecuadamente o noso Concello, o cal sí o fixeron concellos veciños como Lalín, A Estrada ou Silleda destacando os seus produtos propios".
NOTICIAS RELACIONADAS:
O Partido Popular de Vila de Cruces non comparte o “Plan Móvete” do alcalde, Luís Taboada: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-partido-popular-de-vila-de-cruces-non-comparte-o-plan-m%C3%B3vete-do-alcalde-lu%C3%ADs-taboada
O PP de Vila de Cruces acusa ao goberno local de "irregularidades en procesos de selección de persoal": https://www.ecosdacomarca.com/post/o-pp-de-vila-de-cruces-acusa-ao-goberno-local-de-irregularidades-en-procesos-de-selecci%C3%B3n-de-persoa
O goberno local de Vila de Cruces responde ás últimas acusacións do Partido Popular: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-goberno-local-de-vila-de-cruces-responde-%C3%A1s-%C3%BAltimas-acusaci%C3%B3ns-do-partido-popular
Comentários