"Nos cales conseguimos os recursos suficientes do Goberno Galego, da Deputación e do Estado para conseguir grandes infraestruturas de modernización e progreso, así como servicios para todos os veciños e veciñas de Vila de Cruces"
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces sinala que lle quere aclarar e
recordar ao alcalde, Luís Taboada, "o traballo realizado durante os 28 anos que estivemos no concello, nos cales conseguimos os recursos suficientes do Goberno Galego, da Deputación e do Estado para conseguir grandes infraestruturas de modernización e progreso, así como servicios para todos os veciños e veciñas de Vila de Cruces".
E ante isto procedemos a nomear algunhas delas:
- Estrada de Silleda a Cruces.
- Estrada de Cruces a Arzúa.
- Construción do centro de Saúde de Vila de Cruces.
- Construción do novo Concello.
- A urbanización do polígono do Camballón ("vostede formaba parte desa cooperativa de empresarios para poñer ese polígono en marcha que aínda a día de hoxe está paralizado, onde se inverteron máis de 600.000 euros na urbanización e dotación de servizos").
- Construción do IES Marco do Camballón.
- Reforma da praza da Igrexa.
- Construción do cemiterio municipal de Vila de Cruces.
- Ampliación do cemiterio municipal de Vila de Cruces.
- Construción dunha nova plaza de Abastos.
- Construción da Residencia Municipal de Maiores de Vila de Cruces.
- Construción da Gardería Infantil.
- Campo de fútbol de Vila de Cruces.
- Concentracións parcelarias en 13 parroquias.
- Telefonía no Rural sen cable.
- Remodelación do Poboado Mineiro de Fontao.
- Construción de 23 locais sociais nas parroquias.
- Construción de catro auditorios: Vila de Cruces, Merza, Gres e Fontao.
- Dotación de auga pública en varias parroquias: Fontao, Toiriz, Bodaño,
Santomé de Obra, Gres e Merza, entre outras.
- Construción do aparcadoiro público do auditorio de Gres.
- Adquisición da parcela do cemiterio de Añobre ("construción paralizada polo actual goberno").
- Sumidoiro da parroquia de Añobre.
- Sumidoiro en Tirabá (Camanzo).
- "Fixemos posible a construción da Fundación Neira Vilas, e colaboramos na Fundación A Solaina de Piloño.
- Pista de pádel.
- Construción da Illa de Remesquide.
- Construción da Ponte de Remesquide.

- Construción da área recreativa da Carixa.
- Construción do aparcadoiro da área recreativa do Aveseiro de Toiriz.
- Parque público fronte á Residencia Municipal de Maiores.
- Construción do centro de día en Vila de Cruces.
- Construción da área de aparcamento da igrexa de Bodaño.
- Parque público e aparcadoiro fronte á igrexa de Sabrexo.
- Compra de terreos para o aparcadoiro da igrexa de Piloño.
- Compra de terreos para o local social de Carbia.
- Construción de beirarrúas e parque público en Piloño.
- Beirarrúas no tramo do campo da festa de Carbia.
- Compra dos terreos para o polígono agroforestal.
- Beirarrúas en Castro Cumeiro e Duxame.
- Construcións de varios campos de festa en distintas parroquias: Piloño, Salgueiros, Carbia, Oirós, Bodaño, Loño, Arnego, Bascuas, Camanzo, Ollares, Ferreirós, Asorei, Brandariz, Fontao, Cumeiro e Losón, entre outros.
- Dinamización das parroquias con moitas asociacións de Mulleres Rurais e diversas actividades.
"Todas estas inversións, e outras, formaron parte dos anos que estivemos ó fronte deste Concello, e aínda nos quedarán unhas cantas por nomear. Polo tanto, señor alcalde, os orzamentos en Vila de Cruces foron medrando tódolos anos, e vostedes durante o seu mandato, estiveron gobernando á conta dese “orzamento inflado” ó que vostede fai mención", subliña a bancada popular.
No referente ó Auditorio de Merza, "recórdolle que o construtor desa obra, por se o esqueceu, foi vostede señor Luís Taboada. Este foi construído no ano1999, contando con tódalas autorizacións sectoriais e administrativas para a súa construción, así como da cesión do terreo correspondente que se fixo encima das instalacións das antigas escolas unitarias que había en Merza naquel momento (que datan do ano 1967). ¡Non é por nada, pero semella pagarlle moi pouco ó seu asesor, porque non ten nin idea das obras que se levaron a cabo en Vila de Cruces! Nin vostede é capaz de informalo destas! Non pretenda borrar da memoria dos nosos veciños e veciñas, o que con tanto esforzo e traballo logrou conseguir o PP de Vila de Cruces coa axuda doutras administracións para que apoiaran estas inversións no noso concello! Accións e construcións que son unha realidade e das que todo o mundo se sente orgulloso!", recalca o popular. "E, agora se nos desculpa señor Taboada, queremos seguir traballando nos nosos proxectos e nas nosas ideas para lograr un futuro mellor para o noso concello!", engade.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments