top of page

O PP de Vila de Cruces demanda o arranxo da pista en dirección Caldavila a Arnego

Ademais, traslada as queixas da parroquia Merza "xa que leva sen luminaria no tramo que vai desde a Carixa ata o lugar de Reboredo, desde decembro do pasado ano"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces sinala que quere poñer de manifesto "unha vez máis, a neglixencia e ineficacia do actual goberno local. Nesta

ocasión, trasladámonos á pista en dirección Caldavila (Loño) a Arnego, a cal se atopa

nun estado lamentable debido á súa falta de mantemento. Instamos ó actual goberno

local que proceda, na maior celeridade, a realizar o mantemento desta pista". Ademais, tamén fala de problemas co alumeado na parroquia de Merza.

ree
A pista que demanda que se arranxe.

Apunta que "facemos públicas as queixas dos veciños e veciñas de Merza respecto ó alumeado público, xa que levan sen luminaria no tramo que vai desde a área recreativa da Carixa ata o lugar de Reboredo desde decembro do pasado ano ata a data actual. Cabe recordar que este problema xa foi denunciado e abordado en varias ocasións desde o noso partido, dado que anteriormente, estes veciños xa estiveran sen alumeado público durante seis meses".

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Polo tanto, dado os problemas que poden derivarse da falta de alumeado tal e como recalca, así como "a alta concorrencia de persoas ou visitantes por este tramo, esixímoslle ó actual goberno que proceda, nun prazo máximo dunha semana, a solucionar este asunto e evitar a vergoñenta situación de que os propios veciños se vexan obrigados a chamar un técnico que lles solvente o problema".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page