top of page

O PP de Santiso tilda de desastrosa a xestión de Adán en canto ao medio ambiente e a servizos rurais

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Asegura que o goberno local leva case dous anos sen recoller os plásticos agrícolas nun concello eminentemente rural onde sempre se prestou este servizo de carácer gratuíto


Ecos da Comarca/Santiso

O PP de Santiso considera que a pandemia serve de disculpa ao equipo de goberno do BNG, que encabeza o alcalde nacionalista Manuel Adán, para non recoller os plásticos agrícolas. Dende o PP local non se entende cal é o motivo para sen causa xustificada eliminar este servizo gratuíto a un sector económico moi importante no territorio como é o agrícola e gandeiro.


Dende o grupo do PP de Santiso instan ao goberno local a que proceda inmediatamente a restablecer a recollida. "A pesar da reiteración da solicitude feita polos populares en numerosos plenos dende o goberno local, instalados na comodidade, non dan resposta ás nosas demandas, que realmente son as dos propios gandeiros, o que é unha mostra do desleixo do agro e o seu entorno para o alcalde".


"Refugallos abandonados á súa sorte"

Os populares trasladan tamén queixas veciñais sobre o estado de abandono en certos puntos do concello. A voceira popular, Matilde Pallares, recrimina ao rexedor e ao seu equipo. “Non só se trata de plásticos agrícolas, senón que tamén lles resulta imposible darlle resposta á veciñanza que denuncia a existencia de puntos de vertido incontrolado durante semanas e os refugallo seguen no mesmo punto”.

Plásticos amontoados en Santiso.

Dende a formación municipal fanse así eco do malestar da veciñanza da parroquia de Talín onde xa dende hai varios meses se encontra un punto de vertido incontrolado e "despois de avisar reiteradamente ao Concello non se lle dá solución creando unha imaxe moi mala do medio natural e do propio Concello". Para os populares "é inadmisible que un goberno local actúe desta maneira, acomodado no seu despacho e desoíndo as demandas da veciñanza".

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page