top of page

O PP de Santiso pide unha moratoria da revalorización do IBI e unha oficina de atención catastral

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Santiso.

Autor: Ecos da Comarca


O PP de Santiso vén de detectar que o municipio foi un dos escollidos dentro da provincia da Coruña para realizar unha revalorización catastral, tan só dos cinco anos pasados da última regularización, tal e como sinala este grupo da oposición. Segundo Matilde Pallares, voceira dos populares no municipio, “por se o ano de pandemia non fóse suficiente tanto sanitaria como económicamente falando, os veciños e veciñas de Santiso están sendo notificados dunha revalorización catastral que influirá en preto de 4.000 referencias catastrais no noso concello e supoñerá o aumento da recadación do IBI nun 50% xunto cos catro anos de atrasos”.


A formación popular pídenlle ao goberno do nacionalista de Manolo Adán "que deixe de gardar silencio e explique a que obedece esta regularización toda vez que non se realizou ningunha modificación no PXOM así como, demandan, de maneira inmediata que a corporación tome un acordo por unanimidade para solicitar do Ministerio de Facenda unha moratoria para aplicación deste valores no municipio".


De igual maneira, dende o grupo municipal popular chaman a atención "da necesidade inmediata de informar mediante bandos do que está acontecendo, así como de organizar unha oficina de atención ao cidadá onde se podan artellar os recursos particulares contra esta suba indiscriminada do IBI". “O goberno de Adán debe darlle un toque aos seus socios de goberno en Madrid e retroceder ante tal tropelía aos intereses xerais dos veciños e veciñas de Santiso; o PP non será cómplice disto”, recalca.


Por iso, demandan que se poña en marcha unha oficina que atenda e asesore aos veciños, realice os recursos de maneira gratuíta e o goberno informe, "sen dilación de a que responde esta revalorización". Inciden en que "non se pode perder máis tempo, o goberno de Santiso ten que reaccionar, se non o fixo antes, non podemos pagar os pratos rotos os demais: moratoria, baixada do IBI e asesoramento gratuíto á veciñanza".


0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page