top of page

O PP de Santiso móstrase satisfeito pola reapertura da casa niño Axóuxere

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Santiso

"Cando as xestións se fan con interese, constancia e empeño o resultado soen ser bos.

A conselleira de Política Social e o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Xeográfica sempre mostraron a súa boa disposición dende o minuto cero do día 28 de xullo que dende a portavocía do PP de Santiso, Matilde Pallares, lle transmitiu o problema xurdido coa casa niño Axóuxere ao quedar sen responsable para atendela. Pois por razóns persoais, a ata agora titular, deixaba a súa dedicación a esta casa niño", agradece o PP de Santiso. "En todo momento estivemos pendentes e en contacto para saber como transcurrían os trámites para acadar una boa solución para as familias", recalca.

Matilde Pallares.

Os populares subliñan que "a pesares dos atrancos xurdidos, a boa labor por parte da Xunta de Galicia, que non cesou no seu empeño de buscar solucións sólidas, este luns veu a luz coa reapertura da casa niño para os nenos e para as familias que poderán seguir desfrutando deste servizo como se viña a facer con anterioridade a este problema".


O PP local quere facer público o seu agradecemento á Xunta, á Consellería e á Dirección Xeral "pola capacidade e dedicación resolutiva, así como os parabéns aos nenos e as familias. Ás familias tamén transmitir as gracias pola boa maneira cívica en que afrontaron este mes sen este servizo, pois sabemos o difícil que resulta conciliar. Gracias pola vosa

paciencia. Recordar que sempre estamos a disposición dos nosos veciños. Bo curso 2021-2022".



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page