O PP de Santiso califica "de penosa a xestión da atención social os maiores do noso concello"
- ecosdacomarca

- 12 abr 2022
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Santiso
O PP de Santiso califica de "penosa a xestión da atención social os maiores do noso concello, por parte do goberno do BNG". Afirma que neste municipio "temos 42 persoas en lista de agarda, nun concello cunha poboación rural moi envellecida. Servizo subvencionado pola Xunta de Galicia e que o Concello non está a utilizar na súa totalidade", acusa.

Ante isto, recalca que en Santiso "temos 42 persoas en lista de agarda para acceder ao servizo de axuda a domicilio ou axuda a dependencia (14 En Grao II e 28 en Grao I). A axuda a domicilio (SAF) e dependencia está financiada pola Xunta de Galicia con 370.128 euros/anuais (a Xunta paga 11 euros por cada hora de servizo prestada). A asignación de horas ao Concello de Santiso é de 2.804 horas cada mes, das cales só presta 2.273 horas/mes quedando sen utilizar 531 horas/mes", aseguran os populares.
"Coas horas dispoñibles, resulta fácil facer a conta. Poderían atenderse, cun servizo de intensidade media a todas as persoas con grao II que se atopan á espera do servizo (14 persoas) e a 7 das de grao I (28 persoas). Para prestar atención ao resto de pesoas pendente de atender necesitarianse 210 horas mensuais asignadas máis, pero que o goberno do BNG de Santiso non solicitou, dado que nin siquiera usan as asignadas pola Xunta de Galicia. O retraso e deixadez é evidente neste servizo esencial, máis neste concello coa poboación maior que temos e que ten solicitado esta prestación. É hora de que se poñan a resolver as cuestións verdadeiramente importantes e necesarias e deixen de por a desculpa que están a espera da valoración, cando o evidente é coñecido. Isto si debía ser unha prioridade: axudar ás familias e coidar os nosos maiores. Atención a todos os nosos maiores e dependentes de Santiso xa!".






Comentarios