top of page

O PP de Monterroso reunirase mañá con empresarios e autónomos e tamén asistirá Francisco Conde

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O candidato popular, Eloy Pérez, aposta polo “progreso e o desenvolvemento industrial de Monterroso” para o que “son fundamentais aqueles que conforman o sector empresarial”


Ecos da Comarca/Monterroso

O PP de Monterroso celebrará mañá, 3 de maio, a partir das nove da noite no restaurante Pacior un encontro con empresarios e autónomos ao que asistirá o vicepresidente do PP da provincia de Lugo e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde.

O candidato popular á alcaldía, Eloy Pérez, ten en conta que “o fundamental para o

desenvolvemento económico da nosa vila son aqueles que conforman o sector empresarial” e, por iso, convidou a cada un dos empresarios e autónomos de forma particular a participar nesta xuntanza co ánimo de recoller as súas propostas ou necesidades e tamén ofrecer información sobre as axudas e programas de apoio que ten en marcha o Goberno galego.


O alcaldable do PP aposta polo “progreso e o desenvolvemento industrial de Monterroso” da man de “empresarios, autónomos ou traballadores por conta allea”. De feito, “están representados por varios dos membros da candidatura do Partido Popular que se completa con empregados públicos e xubilados. Todos contribuímos a facer pobo en Monterroso”, incide.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Eloy Pérez defende que “no exercicio da actividade política sempre debe guiarnos a vocación de servizo público, ademais do respecto á cidadanía”. Igualmente, asegura estar comprometido coas necesidades da vila. Así, recalca que "o Partido Popular ten defendido a industria e o comercio e traballou con empeño nos últimos anos para lograr investimentos para Monterroso coma o Centro de Interpretación ‘A Vila das Feiras’ e o proxecto da nova depuradora ou impulsar un convenio coa Consellería de Medio Ambiente para a reforma e posta en valor da Área Recreativa da Peneda".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page