top of page

O PP de Melide tilda de “esperpéntica e rozando o ilegal” a retirada de niños de cegoñas da igrexa

"Debería de poñerse un elemento disuasorio, ben sexa auditivo ou material, e esta actuación tería que terse feito moito antes do retorno das aves", subliñan os populares


Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide cualifica de “esperpéntica e rozando o ilegal” a actuación do Concello de Melide ao retirar o pasado luns os niños de cegoña que estaban afincados na torre da igrexa parroquial de San Pedro.

“Os traballos de retirada fixeronse tarde, mal e arrastras", din os populares melidenses, ao sinalar "que deberían facerse mentres as aves non retornasen para a cría e as parellas de cegoña xa tiñan aniñado o pasado decembro. A isto engadéselle que non se trasladou o niño a outro lugar próximo como é preceptivo e se procedeu á súa destrución coa conseguinte consecuencia para o hábitat destas aves". E engade que "temos entendido que o permiso para retirar os niños obriga a poñer elementos disuasorios toda vez que foi concedido nos termos de perigosidade para os bens e persoas ante a localización do mesmo, xusto na torre da igrexa parroquial de San Pedro, paso obrigado para veciños, veciñas e peregrinos, en pleno Camiño Primitivo”.

“Cando as cousas se fan mal ocorren estas cousas. As aves non tardaron 24 horas en iniciar a reconstrución do seu niño. Por unha parte debería de poñerse un elemento disuasorio (ben sexa auditivo ou material), por outra a retirada tería que terse feito moito antes do retorno das aves e non agora e por outra, de retirarse hoxe debería de trasladarse o niño a un lugar adecuado. Pola contra, esta actuación queda en nada: as aves voltarán aniñar coa consecuencia de que ata a próxima tempada non poderá moverse o seu niño, e a veciñanza, seguirá sufrindo a suciedade e a perigosidade tanto para o ben a protexer,

igrexa parroquial, como para os propios viandantes”, declara a portavoz municipal, Dalia García.


NOTICIA RELACIONADA:



0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page