Sinala que "foron numerosas as chamadas nesta fin de semana que atestemuñaron o número de botellóns que se celebraron na vila fronte aos que non atoparon resposta"
Ecos da Comarca/Melide
O PP melidense demanda o cadrante da Policía Municipal así como a copia da solicitude de reforzo á Delegación do Goberno dos corpos e forzas de seguridade do estado, -"de habela"-, xa que foron, segundo indica este partido, numerosas as chamadas de veciños e veciñas que nesta fin de semana que atestemuñaron o número de botellóns que se celebraron en certos puntos da vila fronte aos que non atoparon resposta".
“O bipartito non pode mirar para outro lado como o está a facer mentres a situación na nosa vila empeora e sitúanos nun concello con restricións de nivel alto; a política do alcalde e os seus socios de seguir impasibles ante todo o que sucede ao redor pagámola todos os melidenses”, sinala a portavoz popular, Dalia García.
O PP considera que “a situación de risco alto na que entramos esta semana é consecuencia dunha política de mirar para outro lado; cunha plantilla de Policía Local que conta con seis axentes e os correspondentes auxiliares que xa están en activo grazas á
cooperación coa Axencia Galega de Seguridade. É inadmisible que non haxa axentes titulares suficientes para cubrir todos as quendas, estamos a falar dos meses de xullo e agosto, meses nos que Melide necesita máis seguridade e reforzo de efectivos. E é prioritario nesta situación”, sinala a portavoz popular.
Contaxios campamentos
Ademais, os populares mostran preocupación "ante a falta de accións encamiñadas á incentivar á responsabilidade individual así como información transparente por parte do bipartito municipal". Ademais, apuntan que “sabemos polas nais e pais que nos campamentos de verán do Concello de Melide houbo positivos e o Concello non informou en tempo e forma; voltan a repetirse erros pasados dos que o alcalde, un ano despois, non aprendeu nada”, reiteran dende a formación popular.
Comments