O PP de Melide sinala que a política de deportes do bipartito AM-PSOE "é un timo"
- ecosdacomarca

- 9 abr 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide vé na política de deportes do bipartito AM-PSOE "un auténtico fiasco". Os populares melidenses aseguran que rematan de comprobar que a pesar de que o Concello de Melide "a través das súas redes sociais Melide Activo e incluso, Concello
de Melide se apropiou de eventos deportivos que tiveron lugar na nosa vila organizados ben por clubes ou ben polos federados de pádel da provincia. Resulta de todo opaco e falto de transparencia que un goberno local tente apropiarse descaradamente de logros doutros cando non investiu nin un só euro na Liga de Pádel nin na Liga de Fútbol Sala onde hai que pagar arbitraxes e hai que sufragar os gastos mínimo ás respectivas Federacións” sinala a voceira, Dalia García.

Dende a formación popular indican que a resposta ás preguntas de control do goberno que o PP presentou o pasado febreiro "desvelan o que xa se temía. Que nin un só euro do orzamento municipal se destinou á promoción ou axuda destes eventos o que evidencia que o bipartito AM-PSOE nin está nin se lle espera”.
Os populares consideran que este modo de proceder do bipartito AM-PSOE "é síntoma da súa debilidade á hora de gobernar no que a política de deportes é un exemplo máis. Nin piscina, nin pavillón durante meses operativo cun campo de fútbol que estivo pechado para a xente de Melide que tivo que desprazarse a outros Concellos ao igual que está pasando agora coa piscina climatizada".






Comentarios