O PP de Melide sinala que é preciso manter os servizos públicos como a biblioteca en vacacións
- ecosdacomarca
- 11 ene 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide reclama que a Biblioteca Municipal Xosé Vázquez Pintor se manteña aberta nos períodos vacacionais garantindo o servizo cultural a centos de usuarios. “Foron moitos os usuarios e estudantes que se puxeron en contacto coa nosa formación ao atoparse esta instalación pechada sen alternativas para acceder a lectura ou ao estudo, simplemente porque non se planificou axeitadamente as quendas de vacacións do persoal municipal dende o Departamento de Cultura. A esta concellería se lle fixo chegar reiteradamente esta necesidade sen que ninguén collera o teléfono”, atestemuña a portavoz popular, Dalia García.

"O resultado desta deixadez de funcións por parte do bipartito AM-PSOE é que non se desfrute dun servizo público fundamental para a cultura na vila, incentivar a lectura e as actividades culturais xustamente nun período vacacional non que tampouco se formularon actividades de conciliación por parte do goberno de Pérez", lamentan os populares.
E engaden que "cando os que teñen responsabilidades de goberno están máis preocupados por si mesmos que pola xestión pública suceden estas cousas, esquécense dos servizos máis básicos para familias, cativada, usuarios e estudantes, que están en pleno mes de exames".
コメント