top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PP de Melide reitera a súa solicitude de apoio ás asociacións locais en espazos gratuítos

Ecos da Comarca/Melide

Os populares de Melide veñen de facer pública, unha vez máis, a necesidade de que as asociacións recuperen os espazos que utilizaban de maneira gratuíta e en base a criterios transparentes e xustos. Este rogo fíxoo de novo a portavoz do PP de Melide, Dalia García, quen instou ao alcalde á recuperar o que tradicionalmente se deixaba por defecto, gratuítamente, ao que o grupo municipal da formación maioritaria da oposición non obtivo resposta. “Somos sabedores de que ao bipartito lle faltan ideas e lles costa recoñecer a sua inacción e desamparo durante máis dun ano e medio de pandemia da actividade asociativa obrigandoo ás asociacións á recorrer a iniciativa privada mentras o Concello devolve 250.000 euros en actividades deportivas sen executar”, apunta a voceira popular.


Dalia García.

Dende as filas populares consideran inconcebible que as infraestruturas municipais ficaran baleiras durante meses "onde o bipartito foi incapaz de executar os protocolos Covid que lle provía a Xunta de Galicia deixando orfas ás asociacións". É coñecida a posición do PP neste asunto que se cansou de reiterar en pleno e publicamente que o bipartito lle deixara ás asociacións os espazos. "Idea que parece que gustou, pese a que lles custe recoñecelo: estes días, despois do rogo plenario e de telo reiterado durante máis de 12 meses, son varios os furgóns do Concello que carretan mobiliario urbano. Agardamos dende a formación conservadora, que a distribución de espazos se faga por orde de chegada de solicitudes rexistradas e en base a criterios xustos e non arbitrarios, cuestión na que afondarán nas próximas semanas".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page