O PP de Melide recorre xudicialmente á Relación de Postos de Traballo que considera "inxusta"
- ecosdacomarca
- 11 dic 2022
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide vén de presentar formalmente a demanda contra a Relación de Postos de Traballo que a xuízo dos populares melidenses obedece a “unha política clientelar na que Pérez e Prado premian a uns e discriminan a outros cando a lexislación vixente obriga a cumprir a máxima de a igual posto igual salario, algo que sempre defendeu o PP”.

Así as cousas os populares manifestan a súa posición xa coñecida cara esta ordenación dos postos de traballo no Concello que xa anunciaron en pleno municipal. “Non imos consentir que se repartan complementos que non obedecen ao nivel de responsabilidade dos postos; se retiren nalgúns casos complementos que estaban consolidados simplemente por vinganza ou se amorticen prazas pola porta de atrás argallando que o motivo é a reforma laboral,” sinala a portavoz municipal do PP, Dalia García, que a súa vez reitera que “o PP non está en contra da aprobación dun instrumento de ordenación do traballo no Concello; simplemente defendemos que a igual traballo igual salario, que o complementos que poida ter un posto sexa funcionarial ou laboral deba obeder a criterios de risco ou de responsabilidade e que, sobre todo, se cumpra coa lexislación vixente, ningún informe de Intervención ou de Secretaría é favorable".
Os populares avanzaron xa no Pleno a súa oposición, que sinalan, "non é o único contencioso ao que Pérez e Prado se van a atopar xa que hai enmendas a totalidade presentadas por outras organizacións que obedecen a criterios de natureza material". Ademais os populares sinalan “que alguna organización sindical xa recurriu en proceso de alegacións manifestando que a RPT que se elevou finalmente a pleno non é a que se negociou con eles, o que di moito deste goberno”, sentencia García.
Comments