A este concello correspóndelle destes fondos da Deputación máis de 340.000 euros
Ecos da Comarca/Melide
Os populares melidenses instan ao bipartito a que invista o Plan de Obras e Servizos (POS) adicional que aporta nesta anualidade a Deputación da Coruña para a restauración integral do antigo centro de saúde. A Melide correspóndelle 346.685 euros. En palabras da portavoz dos populares melidenses, Dalia García, “é imprescindible que sexamos capaces de ver as necesidades que posúe Melide como forza política maioritaria, e, visto que Melide ten fondos suficientes no novo reparto feito pola Deputación consideramos que é o momento para construír un espazo amplo e dinámico aproveitando a propiedade do antigo centro de saúde”.
O antigo centro de saúde de Melide.
Autor: Ecos da Comarca.
Os populares consideran que as instalacións teñen un potencial enorme, "ideas que estamos dispostos a compartir co bipartito local ante a ausencia total de políticas públicas de interese municipal. E propoñen crear neste edificio “unhas axeitadas instalacións para o Centro Ocupacional así como un espazo de uso para a mocidade e asociacións que te cabida no edificio que é de propiedade municipal”, sinala a primeira edil dos populares.
Critican que“a política do bipartito é a de mans caídas; por desgraza Melide está sufrindo este modus operandi en preponderancia na comarca, visitantes, turistas e servizos que se implantan en concellos veciños”, sinalan dende a bancada popular.
Agardan que a súa proposta sexa acollida polo goberno local e que dende o bipartito "sexan capaces de practicar unha política municipal de beneficio á veciñanza e non única e exclusivamente partidista como a que estamos sufrindo neste momento que chega ata o máis nimio como dar o servizo de instalar un banco dependendo do cor político do veciño/a de turno", sinalan dende a formación conservadora.
留言