top of page

O PP de Melide propón entregar as Medallas de Melide aos sectores prioritarios da pandemia

Ecos da Comarca/Melide

As Medallas de Melide entréganse habitualmente o día de San Pedro, 29 de xuño, para recoñecer a labor de melidenses en diferentes ámbitos. O PP de Melide presentará unha moción para dar a coñecer cales son as súas propostas e entre estas atópanse os distintos sectores que foron prioritarios para loitar contra a Covid-19.

Así considera que é un motivo máis que xustificado que os seguintes colectivos sexan obxecto da maior e máis alta distinción que outorga o Concello de Melide:

  • Persoal sanitario xeral da área sanitaria que comprende Melide.

  • Persoal/coidadores de axuda a domicilio e dependencia municipal ademais dos homólogos na Residencia da Terceira Idade de Melide.

  • Persoal de obras e servizos de limpeza municipais que tiveron un papel prioritario nos primeiros momentos da pandemia na desinfección de rúas e espazos públicos.

  • Forzas e Corpos de Seguridade melidense: Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.

  • Persoal Docente dos centros educativos e o propio alumnado (tanto infantil, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional) pola súa paciencia e adaptación no desenrolo dos corpos académicos.

O PP vén de presentar unha moción no Concello para que sexa un punto a debater no próximo pleno e que por unanimidade se acepte a proposta dos populares que en si é un xusto recoñecemento ás figuras que loitaron contra a pandemia na primeira liña cando a vacinación aínda non era masiva e as cifras de contaxios eran moi alarmantes.

2 comentarios


MRoca
15 abr 2022

E non vos olvidedes do persoal das tiendas de alimentación, gasolineras, etc, que estaban expostos e fixeron o seu traballo correndo riscos.

Me gusta

MRoca
15 abr 2022

Totalmente de acuerdo. Es justo y merecido, Excepto para el primer colectivo, la atención primaria, que brilló por su ausencia. Cualquiera que la haya necesitado, lo puede corroborar. No estaban ni se les esperaba.

Me gusta
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page