"O alumnado merece canto menos unha explicación por parte do goberno AM-PSOE, que nin sequera se puxo en contacto cos afectados, quen recibiron a información vía Whatsapp", asegura
Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide vén escoitar as demandas dos pais e nais do Conservatorio de Musica Municipal da asignatura guitarra "que levan case un mes sen clase a pesar de ter pagada a matrícula polo curso académico completo".
Os populares fan fincapé en que o alumnado de guitarra "non recibiu nin unha sola explicación de porqué non hai clase, cando se renudarán ou cal é o motivo polo cal a modalidade de libre non recibe a súa media hora individual e se fan clases conxuntas".
Dende o PP reclaman transparencia na xestión dos servizos públicos municipais, solicitarán as explicacións oportunas ao goberno Pérez-Prado e demandarán a devolución proporcional da matrícula recordando que o Conservatorio "é unha ensinanza regrada e supervisada pola Consellería de Educación". Así mesmo, reclama unha solución xa que o "alumnado merece canto menos unha explicación por parte do goberno AM-PSOE, que nin
sequera se puxo en contacto cos afectados, quen recibiron a información vía Whatsapp", asegura.
댓글