O PP de Melide pide reforzos de Seguridade Cidadá na zona do CEIP A Martagona as fins de semana
- ecosdacomarca
- 17 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Asegura que hai quen "salta os muros" e como consecuencia "o patio dos rapaces e rapazas aparece cheo de refugallos"
Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide solicita á Delegación do Goberno o reforzo de seguridade nos perímetros do CEIP nº 2 onde a asociación de pais e nais deste colexio trasladaron ao PP unha das súas inquietudes: "a necesidade de reforzar o perímetro do CEIP debido a que durante as fins de semana se saltan os muros e o patio dos rapaces e rapazas aparece cheo de refugallos".

Para a portavoz popular, Dalia García, quen agradece a boa disposición dos pais para acudir á reunión “esta é unha falta clara de atención das competencias municipais por parte do bipartito AM-PSOE” que cando estaba na oposición reclamaba máis seguridade e Policía Local e agora que o PP deixou as tres prazas de Policía Local orzamentadas resulta que nin hai Policía Local polas tardes do fin de semana e nin sequera se reforzan os puntos
problemáticos", asegura a portavoz municipal.
Entre outras cuestións, García informou á ANPA A Martagona que o alcalde, José Manuel Pérez, "non solicitou unha subvención que a Consellería de Educación puxo a dispor dos Concellos para realizar infraestruturas educativas nos CEIPS o pasado agosto e logo, lamentablemente, solicítalle á Xunta que ser ela quen o faga". Dende as filas populares recordan "que a Xunta investiu no CEIP A Martagona case 50.000 euros co recambio das carpinterías metálicas ademais do cambio da cuberta no anterior mandato". "Lamentablemente estamos a sufrir un goberno incapaz ata para solicitar investimentos para Melide, que ten como consecuencia que non se atendan as prioridades, neste caso educativas", acusa.
留言