top of page

O PP de Melide pide a copia de 11 informes de intervención municipal que detectan reparos graves

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide sinala que o goberno bipartito municipal de AM-PSOE “primeiro goberna e despois minte” porque considera que "primeiro interesoulle chegar a Alcaldía difundindo todo tipo de argumentos falseados e agora executa aquilo que tanto criticaba e incluso denunciaba ao PP no seu día, que por outra parte tiña xustificación".


Dende a formación popular aseguran que poden demostrar o dito anteriormente con múltiples exemplos, pero neste caso expón o caso dos informes de intervención municipal, en concreto falan dun total de 11, que veñen de ser analizados pola portavoz dos populares melidenses, Dalia García, e dos que se solicita copia física. “Mentres que cando chegaron ao goberno, a pesares de herdar o concello máis saneado da historia melidense, cansáronse de dicir pouco máis que financeira e economicamente o Concello era un desastre, agora os informes técnicos expoñen claramente que o goberno de J.M. Pérez levanta reparos a diario con novos gastos e contratos que non son para nada servizos esenciais e se constitéen con persoas afíns ao PSOE ou AM”, acusa o Partido Popular.

Ante isto, o PP anuncia que tomará as decisións oportunas nos próximos días, sobre todo "con cuestións moi sensibles como a de asesoramento xurídico, é dicir, o Concello baixo o mandato do bipartito asinou e prorrogou un contrato de asesoría xurídica por un valor próximo aos 54.000 euros e a pesar diso, seguen contratando asesores xurídicos, con fins “pouco obxectivos” a xuízo dos populares de Melide".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page