top of page

O PP de Melide mostra a súa preocupación polo estado das infraestruturas viarias nas 26 parroquias

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide asegura que vén de recibir varias queixas sobre do estado de firme dos viais que conectan o casco urbano melidense coas parroquias. A voceira, Dalia García, afirma que “os veciños e veciñas de Melide do rural non son cidadáns de segunda, pero parece que o son para este goberno: durante tres anos de mandato todos os investimentos de pavimentación no rural en aglomerado en quente son froito da época do PP e a distribución dos fondos para obras é case nulo durante esta lexislatura para as 26 parroquias melidenses o que se está a notar o seu abandono”.

Para o PP melidense "non é novo a defensa dun investimento equilibrado entre o rural e o urbano ao igual que se viña facendo durante os mandatos populares, non obstante, esta tónica mudouse cando Pérez entrou a gobernar", din os populares, "que o seu nulo

coñecemento da realidade rural melidense fai que a deixe relegada a un segundo plano".


Así mesmo, García subliña que "durante estes días tanto os concelleiros e concelleiras como eu mesma recibimos fotografías e vídeos sobre o estado dos viais de acceso á explotacións, plantacións e mesmo a núcleos rurais que dan auténtica pena. Co goberno bipartito de Pérez Melide ten cidadáns de primeira e de segunda pagando os impostos máis altos da historia melidense”, din dende a formación popular.

“Unha farola para amarrar unha fachada dunha casa”

Os populares melidenses tamén chaman a atención sobre a denuncia que lle chega da veciñanza "nunha das casas situada na estrada DP 4601 onde o Concello utiliza o mobiliario público dando unha imaxe “moi pobre” de Melide. É o caso dunha farola que non se atopa en mal estado que está facendo de contrapeso a unha vivenda que se encontra inhabitada durante hai máis de tres décadas e que amosa serios problemas de boa conservación. As chambonadas deste bipartito non teñen límites”, sinalan dende o grupo municipal popular quen rexistrarán unha petición no Concello para evitar corresponsabilidades ante este tipo de prácticas graves e perigosas por parte dos dous máximos responsables en obras: o alcalde e o tenente alcalde.

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page