top of page

O PP de Melide lembra que, "un ano despois, non hai información da restauración do cruceiro dos Ánxeles"

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide quere reiterar a súa preocupación pola restauración do cruceiro da parroquia melidá dos Ánxeles, que hai xa un ano fora derribado nun acto vandálico. 2 "Daquela, o cruceiro estivo meses fracturado e tirado no chan, mentres que o Concello

de Melide evadía responsabilidades. Foi en outubro do pasado ano (cinco meses despois), cando o goberno local se decidiu a asumir a súa competencia e retirar o

cruceiro dañado, logo dos múltiples requerimentos da nosa formación. Pois ben, pasados sete meses dende que este prezado ben fora retirado, non existe información algunha por parte do goberno local sobre cal é o seu estado, se está sendo debidamente restaurado e sobre cal é a previsión para que sexa de novo ubicado na seu lugar de orixe", sinala o PP.

“A preocupación do goberno local polo patrimonio histórico e cultural é máis que cuestionable. Son os máximos defensores cando se trata de culpar a outras administracións; agora ben, cando teñen que asumir a súa responsabilidade vese que non lles preocupa en absoluto”, indícase dende o grupo municipal popular.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Para evidenciar, apunta, "esta falta de preocupación non hai máis que revisar a cronoloxía

destes feitos: primeiro evitan asumir a súa responsabilidade, pasan cinco meses co cruceiro fracturado no chan e, despois deste tempo, decídense a retiralo. Agora, pasado todo un ano, o cruceiro segue sen estar reubicado no lugar e o Concello de Melide evita dar explicacións".

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Neste sentido, o PP de Melide recalca que seguirá fiscalizando a acción do tripartito melidense nesta e outras cuestións que o goberno local "pretende pasar por alto, amosando unha xestión moi deficiente dos asuntos ordinarios do municipio, especialmente no que afecta ao coidado e mantemento dos diferentes espazos".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page