top of page

O PP de Melide lamenta que o goberno "licite a piscina no peor momento a 5 meses das eleccións"

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide cualifica de "inadmisible e unha mostra de incapacidade xestora a licitación, a cinco meses das eleccións municipais das obras da piscina climatizada municipal".

“O mércores fomos chamados a unha comisión extraordinaria de asuntos do pleno que elevou a proposta do bipartito para contratar a piscina, logo de ter realizado catro axustes do proxecto no último ano; como é posible que agora en menos dun mes, e cos comicios locais á volta da esquina a liciten e condenasen aos melidenses a desprazarse a outros concello durante máis de tres anos para practicar deporte pola súa incompetencia?” sinala a portavoz popular, Dalia García, quen ademais subliña que “foi o goberno de Pérez e de

Prado o que se empeñou e tirar por terra a instalación que levaba funcionando dende a primeira década dos anos 2000, dando servizo a máis de 1.200 socios cuns prezos competitivos; agora, os melidenses, somos vítimas da súa incompetencia xestora ao privarnos máis de 1.200 días da práctica de deporte na instalación; a licitar cun sobrecuste de case máis do 50% o proxecto da mesma pola tardanza en xestionar a mesma supoñendo case 1.063.000 euros de prezo de licitación, en plena crise da obra pública e cun escenario inflaccionario tremendo”, declara a portavoz popular.


Así as cousas, os populares informan "das advertencias da Intervención municipal ao non considerar un proxecto financieramente sostible este investimento, e, ao supoñer unha retirada do remanente de tesourería do orzamento municipal que pon de manifesto a capacidade de endebedamento da entidade local". E insisten en que as regras fiscais están neste momento suspendidas, pero levamos advertindo que os técnicos municipais condicionan as propostas do bipartito de Pérez á quebra técnica que supoñen para as arcas municipais”.

Os populares definen esta licitación como unha “fuxida cara adiante ante a presión veciñal e política que supón que para practicar deporte teñas que ir a outras vilas e incluso, agromen iniciativas privada, - que son benvidas-, para suplir a incapacidade de prestar un servizo público do goberno de Pérez".


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page