top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PP de Melide lamenta que o bipartito "tire do aforro para gastos que tiñan que estar no orzamento"

Ecos da Comarca/Melide

"Cun orzamento municipal aprobado oito meses tarde, no que o goberno de Pérez xa leva feito dous axustes por importe de 1,2 millóns de euros, un ano máis os veciños de Melide pagarán os mesmos impostos e recibirán menos a cambio", acusan os populares. O PP de Melide sinala "que se ben os informes da Intervención Municipal xa advertían dende o mes de febreiro que o gasto en bens e servizos debería de controlarse pola situación de recesión económica na que se atopa a zona euro o alcalde, J.M. Pérez, aproba unha partida orzamentaria financiada con aforros municipais de 600.000 euros".

A localidade melidense. Autor: Ecos da Comarca.

Desa modificación, puntualiza, "só 250.000 euros van ser destinados á sufragar custes de enerxía eléctrica sendo o resto distribuído en diferentes partidas que segundo os informes económicos financieros dos que dispón o PP e ningunha partida vai destinada a financiar obras, infraestruturas ou melloras na calidade de vida dos veciños e veciñas de Melide".


Ademais, insiste en que "financiar con aforro municipal partidas como “Prensa, revistas, libros e outras publicacións”, “Xurídicos contenciosos”, “Outros Traballos realizados por outras empresas e profesionais” ou mesmo “Outros gastos diversos” onde se destinan partidas de ata 150.000 euros resulta canto menos sorprendente cando hai un mes que se presentaron os orzamentos no pleno".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Dende o grupo municipal do PP de Melide recalca que "lamentamos profundamente que esta mala xestión recorrente ano tras ano como se pode extraer dos informes técnicos municipais non destine o aforro das arcas públicas a baixar impostos, mellorar servizos ou incrementar infraestruturas nun momento tan delicado para a economía das familias".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page