O PP de Melide lamenta que a praia fluvial de Furelos sexa declarada non apta para o baño
- ecosdacomarca

- 21 may
- 2 min de lectura
Culpa ao goberno local
Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide denuncia "a incapacidade do goberno local para manter a praia fluvial de Furelos, na cal, un ano máis, vén de declararse a prohibición do baño nas súas augas".
Esta prohibición, indica o PP, "chega despois de que a Dirección Xeral de Saúde Pública fixera as análises pertinentes e detectara a calidade insuficiente das augas. Isto conleva que a praia fluvial de Furelos saia oficialmente do censo de zonas de baño de xeito
permanente, ao repetirse esta circunstancia por quinto ano consecutivo".

Esta, apunta, "é unha nefasta nova que amosa o desgoberno absoluto de Pérez e amosa que en 7 anos non fixeron nada por manter en boas condicións a praia fluvial. Ademais,
isto leva consigo que haberá que agardar mínimo dous anos para incluir de novo a zona de baño no censo, sempre é cando nos vindeiros dous anos a calidade das augas sexa favorable".
“Xustamente na semana que saiu o grupo de goberno a banagloriarse das actuacións que fixeran na praia fluvial, chega esta nefasta nova que deixa a todos os veciños sen zona de baño un verán máis. Por se fora pouco, implica a saída do censo, ao estar na mesma situación durante cinco anos seguidos, o cal pon en evidencia que efectivamente non fixeron absolutamente nada.”, indícase dende o grupo municipal popular.
PUBLICIDADE
Así mesmo, desde o grupo do Partido Popular preguntánse "como é posible que con todo o que “traballaron” pola praia fluvial, levemos cinco anos na mesma situación. En relación a isto, cómpre destacar que en poucos días darán comezo as obras de recuperación e posta en valor da praia fluvial, financiadas integramente pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, cun investimento de máis de 200.000€".
As actuacións a levar a cabo contemplan a limpeza da zona de baño e a instalación dunha comporta abatible que permita a circulación de auga no inverno e o desfrute recreativo da zona de baño no verán. Trátase dunha actuación moi importante para
Melide, máis se cabe despois de recibir esta semana a nova da prohibición permanente do baño.
PUBLICIDADE
“Dende o PP de Melide agradecemos fondamente a preocupación de Augas de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente, que van asumir esta obra ante a inacción do goberno local, toda vez que este proxecto leva catro anos sobre a mesa do Concello de Melide cos permisos oportunos”, indican os populares.
Deste xeito, dende "a nosa formación reiteramos o agradecemento aos responsables
da Xunta de Galicia por tomar partido nesta importante actuación, a pesar de ser unha
competencia estritamente municipal, e agardamos que sexa o primeiro paso para que
este fermoso espazo poida ser empregado polos veciños e veciñas de Melide. Por todo isto, pedimos aos responsables do tripartito local que deixen de botas balóns fóra, asuman responsabilidades e dean respostas claras á cidadanía".








Comentarios