top of page

O PP de Melide lamenta "a marcha dunha industria a outro concello ante a falla de vontade política"

Ecos da Comarca/Melide

O Partido Popular de Melide afirma que vén de coñecer nos últimos días "a perda dunha nova oportunidade empresarial e de creación de emprego no Polígono da Madanela, toda vez que o promotor non podía frear máis tempo a súa implantanción, despois de meses agardando polas licenzas municipais pertinentes. Trátase dunha nova planta de producción de piensos asociada a outra industria xa asentada no polígono. Nesta nova planta tería lugar a creación dun importante número de postos de traballo directos que, de terse levado a cabo, contribuirían ao asentamento de poboación e ao desenvolvemento económico de toda a vila".

Segundo puido coñecer o Partido Popular de Melide, "o promotor contaba con todos os permisos supramunicipais esixidos e únicamente precisaba da licenza municipal pertinente, pola que levaba moitos meses agardando e sobre a cal non se lle deu

ningunha estimación. Deste xeito, malia ter esta nova planta practicamente instaurada por completo, a empresa tomou a decisión de proceder á súa desmontaxe e trasladala a outro Concello, no cal se lle facilitou o trámite áxilmente", acusan os populares.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Dende o Grupo Popular denuncian "novamente esta inoperancia da que fai gala o equipo de goberno local, e que xa afectou anteriormente a outros investimentos empresariais". "É fundamental contar cunha administración áxil, solvente e resolutiva se o que se busca é o crecemento do Concello e dos seus servizos, mais o primeiro paso é que exista a vontade política de traballar na procura de investimentos e de facilitar a súa implantación, cuestión máis que dubidable no goberno actual", apúntase dende o Grupo Popular.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O PP de Melide insiste na necesidade de aproveitar este tipo de oportunidades empresariais, "toda vez que presenciamos e alertamos nos últimos meses o peche continuado de negocios do comercio local, o cal amosa que se fai máis importante que

nunca avanzar no desenvolvemento industrial e comercial do noso pobo".

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

"Ante a desidia do Goberno local con calquera nova iniciativa que teña lugar", o Partido Popular de Melide preguntará por escrito ao goberno local sobre o número de licenzas municipais pendentes de resolución e o tempo medio que se tarda neste Concello en resolver este tipo de trámites, "toda vez que moitos veciños nos alertan de que, nalgún caso, levan máis de cinco anos agardando, o cal é inconcebible".



Nas Exposicións Nacionais os cans obterán puntos para o Campionato de España, mentres que na Internacional farano para o Campionato Internacional. Ademais, estas




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page