top of page

O PP de Melide insta ao goberno local a “poñer en valor” as rutas de sendeirismo propias

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

“O bipartito parece descoñecer que Melide ten un patrimonio natural envexable, e posúe xa, un roteiro homologado, a Ruta de sendeirismo Río Furelos" defende a voceira popular


O PP de Melide insta ao goberno bipartito local a poñer en valor a Ruta Río Furelos, unha ruta de sendeirismo homologada que transcorre por varios puntos da xeografía melidá.

En palabras da voceira popular Dalia García, “non resulta incompatible compartir recursos con coidar e poñer en valor os propios” ao fío da reunión que responsables dos municipios de Toques e de Melide mantiveron esta semana para anunciar a creación de rutas de sendeirismo entre os dous Concellos.


“É lamentable que, unha vez analizadas as medidas de atractivo turístico que puxo en marcha o goberno bipartito melidense, é dicir ningunha, no último período de ocio previo ao verán, a Semana Santa, tampouco se programaran actividade ao aire libre coa extenso patrimonio natural que posuímos, algo que si souberon ver outros Concellos moi próximos que se están posicionando fronte a perda de peso de Melide como cabeceira de comarca; foi unha demanda da nosa formación, que como é habitual caeu en saco roto por parte dos responsables municipais” reitera a voceira dos populares melidenses, quen ademais sinala que “esta reunión entre os alcaldes de Melide e Toques vén a darnos a razón: o goberno bipartito melidá vai tarde tamén na cuestión turística e como consecuencia perdemos oportunidades de crear riqueza interior na situación tan delicada que nos tocou vivir para un sector prioritario para a comarca: o sector terciario orientado ao Camiño de Santiago que ten a necesidade de sobrevivir e reinventarse. Nin axudas directas ao sector nin un plan turístico realista", lamentan dende o PP melidense.


A ponte de Furelos.

Dende a formación conservadora demandan que o bipartito melidense "se preocupe dos recursos turísticos propios, os coide e poña en valor como peza angular dunha estratexia turística coherente que polo momento, non teñen nin se agarda", sinalan os populares.

"Accións como as que transcenderon esta semana dan a entender os responsables municipais móvense a golpe de noticia e cada demanda que esta formación formula ao goberno melidense ten unha “débil e precipitada” resposta de “fuxida cara adiante”".



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page