top of page

O PP de Melide insta ao goberno central a eliminar a obriga de rexistrar galiñeiros de autoconsumo

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide rexistra unha moción para o seu debate no próximo pleno ordinario co fin de instar ao goberno central a eliminación da obriga de rexistrar galiñeiros de autoconsumo

 "En Galicia, e na nosa vila, con 26 parroquias de ámbito rural, case todas as casas contan con aves para autoconsumo sen que se teñan detectado ningún tipo de risco para a saúde pública ata o momento, polo que non hai ningunha xustificación para a obriga deste trámite", sinalan dende o PP melidense.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os popularaes entenden que a obriga de rexistrar os galiñeiros para autoconsumo "é unha medida extrema e mostra do descoñecemento da realidade rural galega". Por iso é que, dada a alta demanda de información que o Grupo Municipal recibiu sobre este asunto nos últimos tempos, rexistraron unha moción para o seu debate no pleno municipal co fin de acadar un acordo cos tres grupos políticos restantes que forman o tripartito melidá e instar ao goberno central a eliminar a obriga de rexistrar estas instalacións.


Segundo a portavoz popular, Dalia García, “estas medidas o que fan é derivar recursos humanos e materiais cara o rexistro dunhas instalacións que non teñen ningún tipo de risco e que levan existindo no rural galego toda a vida de maneira natural”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende as filas populares agardan acadar a unanimidade cos outros partidos políticos, para conseguir un cambio na lei estatal que é a que obriga a rexistrar este tipo de instalacións ante a administración autonómica.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page