top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PP de Melide insta ao bipartito a que pague de inmediato as axudas do PEL-Reactiva da Deputación

Considera "inaudito que case un ano despois aínda non se pagasen todas as axudas do primeiro plan de rescate aos sectores comerciais do ente provincial"


Ecos da Comarca/Melide

Os populares melidenses reclaman un pago inmediato das axudas do PEL que están pendentes de sufragarse. “Case a punto de cumprirse un ano da publicación das bases por parte da Deputación da Coruña resulta a todas luces unha inxustiza que os negocios beneficiarios destas tan necesarias axudas non recibisen aínda nin un só euro; hai que ter

en conta que algúns aínda seguen coa súa actividade pechada; se polo Concello fora xa desaparecerían”, subliña a portavoz popular, Dalia García.

Dalia García.

Dende o PP melidense consideran “inaudito que case un ano despois aínda non se pagasen todas as axudas do primeiro plan de rescate aos sectores comerciais da Deputación da Coruña". “Constatamos que algúns recibiron o pago, non exactamente o mesmo que na lista provisional que se atopaba publicada, pero hai outros negocios, que

aínda sabendo que teñen concedida a axuda, aínda non recibiron o pago correspondente” apunta García.


Dende a formación conservadora consideran que este "modus operandi do bipartito encabezado por J.M Pérez amosa unha vez máis o descoñecemento e a falta de sensibilidade coa realidade comercial e terciaria melidense ao non priorizar o seu goberno nin as axudas que lle veñen subvencionadas pola Deputación da Coruña e do que o Concello de Melide so aporta pouco máis que 43.000 euros".


Así as cousas, instan ao bipartito á axilizar os expedientes que "son de necesidade urxente e inaprazable así como a unha transparencia maior no proceso xa que na páxina web do Concello melidense non se pode acceder á listaxe definitiva dos beneficiarios das axudas, algo que contradí a Ley de subvencións de Galicia, normativa pola que se rexe o procedemento".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page