top of page

O PP de Melide insta ao bipartito a que faga un axeitado mantemento da área de Furelos

Ecos da Comarca/Melide

Os populares de Melide aseguran que veñen de recibir queixas da veciñanza nos primeiros días de verán e desfrute da área recreativa de Furelos "ao estar unha parte importante do céspede asolagado pola auga impedindo así desfrutar adecuadamente dos espazos libres de vexetación máis propicios ao solarium".


Dalia García, portavoz dos populares melidenses sinala que “o bipartito Pérez-Prado debe facer un axeitado mantemento da maquinaria das piscinas e así evitar este tipo de fugas que incomodan a todo o mundo, imposibilitan o paso distendido propio deste espazo lúdico, inhabilitan a mesa de pimpón, enlaman o entorno dando sensación de deixadez e provocan, unha vez máis, que os usuarios se vaian a outras zonas limítrofes a desfrutar dos

seus momentos de ocio”.

Dende o PP melidense apuntan ademais "a necesidade de acender o alumeado público, realizar un reforzo de presenza policial na área fluvial para evitar roubos e desperfectos (os últimos tiveron lugar o día de San Xoán nos baños da área recreativa) entre outras melloras". Así mesmo, non esquecen dende o grupo municipal popular a necesidade de recordarlle ao bipartito Pérez-Prado "de executar o proxecto de Augas de Galicia que eliminaría os lodos acumulados pola modificación do leito do río feita no seu momento".

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

“Un concello que herdou 4,5 millóns de euros en aforros netos, que non ten límite á hora de gastalos, un Concello ao que sen moverse do sillón lle dan a solución técnica a un dos problemas estructurais da nosa área recreativa, que diga que non pode executarse a obra porque non hai cartos suficientes é faltar a verdade; as consecuencias desta ineptitude pagamolas todos os melidenses: mentras outros concellos medran, Melide esmorece día a día”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page