top of page

O PP de Melide insta ao bipartito a executar ás obras de urbanización "con todas as garantías"

En concreto pon o foco na actuación da Rúa Uruguay e que o PP no seu momento se abstivo "polas deficiencias manifestas que presentaba o proxecto"


Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide insta ao bipartito a executar ás obras de urbanización "con todas as garantías para á veciñanza melidense". Incide "nos prexuízos de urbanizar rúas sen os servizos básicos municipais” facendo fincapé na Rúa Uruguay e contorna "onde non se previu no proxecto a rede separativa e agora ao executarse as obras confluirá coa Avenida de Toques – Friol as augas residuais e pluviais xuntas", cuestión que a portavoz popular, Dalia García, insistiu e puxo de manifesto no pleno municipal onde o goberno Pérez-

Prado aprobou esa obra.

Foto de arquivo.

Ademais, recalca en que "por se fose pouco, e sendo manifesto o descoñecemento da realidade urbanística melidense, esta obra non cumpre coa accesibilidade. Isto é, a normativa urbanística que é preceptiva e que o alcalde, J.M. Pérez tanto se loubou en

predicar que o seu goberno “cumpriría”". Asímesmo, apunta o PP "que as beirarrúas para

cumprir accesibilidade serán de 1,80 metros libre de obstáculos que non se cumpre nin de lonxe".


A portavoz dos populares melidenses subliña “que aínda que en solo urbano non operan estrictamente as limitacións de urbanización é certo que non é entendible que se proxecte unha obra e non se trate de atopar unha solución técnica adecuada para á accesibiliade na urbanización, cuestión que queda unha vez máis en evidencia froito da falta de rigor e traballo do desgoberno que lamentablemente vivimos en Melide”.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Dende a formación tamén reclaman "que se respete a propiedade privada" e instan "a que se modifique o proxecto para instalar a rede separativa ao igual que se retiran as tubaxes de auga que non están incluídas no proxecto inicial e que, por suposto, o bipartito AM-PSOE si vai sufragar. Non teñen excusa para retirar outros obstáculos como por exemplo, os postes de tendido telefónico de madeira que invaden, cun feísmo extraordinario estas rúas".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page