top of page

O PP de Melide esixe máis e mellor mantemento nos elementos patrimoniais de Melide

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide móstrase preocupado polo estado e pola imaxe, que segundo esta formación, está dando a vila aos turistas e veciños. "Lamentablemente vivimos nun Concello onde cada vez se pagan máis impostos, pero a imaxe é penosa: o Cantón de San Roque, epicentro da vila, atópase nun estado de abandono: a pedra de cantería está fendida en moitos sitios sen que ninguén tome conciencia, a N-547 en pleno ano Xacobeo ten un estado de conservación nulo, a fonte dos catro caños, elemento fundamental do centro de Melide ten un olor e un aspecto insalubre, por non dicir que a praza maior da nosa vila, que é a máis emblemática onde se xunta o Camiño Primitivo e o Camiño Francés, apenas se pode desfrutar nesta primavera porque se atopa sen luz".

Para a portavoz popular, Dalia García, “é un síntoma máis dun goberno bipartito que a pesares de que ten as necesidades diante das súas narices é tal a cegueira que non son capaces de ocuparse do máis esencial e coidar a imaxe da nosa vila; mesmo as bandeiras oficiais que penduran da Casa Consistorial atópanse rachadas”.

Ante isto, o grupo municipal popular pide máis e mellor implicación do bipartito "xa que nin Melide nin os melidenses, ao seu xuízo, merecen semellante desleixo", subliña.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page