top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PP de Melide esixe explicacións ao goberno local polo precinto dunha pista multideportiva

Actualizado: 3 abr 2021

"Despois de que varios pais e nais afectados se puxeran en contacto con nós demandamos do bipartito melidense unha explicación así como unha rápida intervención neste espazo multideportivo para que a pista da urbanización As Granxas volte a abrir no menor tempo posible", sinalan dende as filas dos populares melidenses. “Non se pode privar aos rapaces e rapazas que utilizaban esta pista dela indefinidamente; os actuais responsables municipais están dando unha imaxe de Melide lamentable simplemente porque non teñen capacidade para xestionar as demandas cidadás; eles optan como é habitual, polo camiño de pechar todo aquilo que lles dá traballo” sinala a portavoz popular Dalia García.


Para os populares melidenses é incomprensible que "case dous anos despois de que o bipartito teña responsabilidades de goberno, agora, despois das restricións do mes de xaneiro e febreiro que obrigaron a pechar os parques e este tipo de espazos, hai agora un mes, o goberno municipal decida manter pechado un espazo deportivo moi utilizado polo público infantil e xuvenil e non teñamos data de apertura. E o que é máis grave a xuízo dos populares, non informan de cales son os informes técnicos que barallan para manter este 2espazo pechado". Dende a formación conservadora poden aventurarse a pensar que, unha vez inspeccionado o lugar, e a simple vista non atopar deficiencias considerables máis aló dos axustes que deban realizarse polo propio uso (pintura, revisión de instalacións e anclaxes), a que a intención do bipartito é instalar unha nova pista, incrementando considerablemente o custe dunha reparación rutinaria polo seu uso". Lamentan que, "as ansias de contentar a certos sectores, priven á rapazada dun espazo de intercambio deportivo multidisciplinar".


O goberno local afirma que xa está aberta

Sen embargo, o concelleiro Xosé Igrexas informa que a pista polideportiva está en fucionamento dende principios da semana. "Estivo en obras dende a semana pasada. E

había risco grave para os nenos e nenas e por iso tivo que pecharse, pero os usuarios estaban informados dende o seu peche e ata o arranxo", sinala o edil.

A pista multideportiva de Melide.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page