Ecos da Comarca/Melide
O goberno bipartito de AM-PSOE vén de anunciar nas redes sociais a programación da XXX Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide. O PP de Melide lamenta que "no cartel promocional da festa, o Concello de Melide “esqueza” o logo da Xunta o que é a Administración que certifica que o Melindre sexa Festa de Interese Turístico non apareza a pesar de ser obrigatorio. O PP advirte do erro e demanda do goberno de Pérez que se subsane e que non se poña en risco a subvención que se percibe da Xunta de Galicia da DX de Turismo pola práctica do “maniqueísmo” manifesto do bipartito AM-PSOE".

“É inaudito que o goberno do Concello de Melide non saiba nin comportarse institucionalmente coas directrices que legalmente lle competen”, sinala a voceira popular Dalia García, quen a súa vez “insta a que se corrixa inmediatamente "este “suposto erro” na promoción da festa".
Comentários