O PP de Melide dubida "da legalidade na contratación do persoal que atende a oficina de turismo"
- ecosdacomarca

- 20 jul 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide dubida "da legalidade do procedemento de contratación de persoal" que posibilitou a apertura da Oficina de Turismo do Concello de Melide. “Nin procedemento público, nin chamamento a través do INEM, e cal é o motivo? Cando outros Concellos ou
ben tiran de listas de emprego ou ben recorren aos sistemas de provisión de emprego público que seguen estando activos para a contratación despois da reforma laboral; este “modus operandi” do alcalde e o seu socio é “sospeitoso e indica fraude na contratación”, acusa o PP de Melide.

Recalca que "a CE sinala que os procedementos teñen que ser conforme aos principios de publicidade, mérito e capacidade, cuestión que tamén reforza a Lei de Emprego de Galicia acorde á Lei estatal; utilizar unha tapadeira para contratar persoal afín, que é o que presuntamente parece que fixo o alcalde e o seu socio é un fraude laboral moi claro".
Os populares anuncian que “solicitaremos o expediente de contratación da oficina de turismo e os correspondentes informes, a pesar de ter feito xa unha pregunta plenaria ao respecto da que non obtivemos resposta, porque consideramos que de externalizarse o servizo tería que terse respetado o procedemento; nin se respeta o da Lei de contratos nin se respetan os principios da Lei de Emprego de Galicia; o bipartito AM-PSOE non ten límites”, destaca a portavoz popular, Dalia García.







Comentarios