top of page

O PP de Melide denuncia "unha clara deixadez de funcións ante o mal estado da auga nas fontes públicas"

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide vén de rexistrar unha solicitude de acceso á información pública co fin de averiguar cal é o problema real co suministro de auga nas fontes do centro da vila. “Ou ben o tripartito de Pérez desoíu as indicacións de controlar ás fontes ou ben ten que explicar claramente que pasa co suministro de auga na vila,” sinala a portavoz popular, Dalia García.

Ademais a popular recorda que "o ano pasado xa sufrimos a inoperancia deste goberno ao ter Melide durante semanas a auga baixo mínimos potabilizadores, agora este problema, parece, hipoteticamente que se trasladou ás fontes públicas que a parte de estar nunhas condicións de limpeza bastante pobres, non poden surtir o seu cometido".


Publicidade


O Grupo Municipal do PP sinala que "debido á ocultación de información en materia de saúde pública ao non explicar o acontecido nun bando municipal ou nos medios de comunicación do Concello, rexistrarán sendo escrito perante o órgano autonómico por antonomasia en materia de augas co fin de ter información rápida e concisa sobre a problemática que estes días sofre Melide".


Publicidade

“O tripartito municipal desdeixa as suas funcións ata o punto de poñer en perigo a saúde dos cidadáns” sinalan fontes populares, xa que dubidan que as analíticas, que solicitaron este martes, "estean ao día provocando episodios que poden ser perigosos para a saúde dos cidadáns".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page