top of page

O PP de Melide denuncia que o bipartito "devolveu 102.339 euros do POS social da Deputación"

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide asegura que vén de detectar da análise da documentación á que tivo acceso o grupo popular recentemente "a devolución de case 103.000 euros á Deputación da Coruña en réxime de gasto non executado do Plan Social que o organismo provincial convocou para axudar aos Concellos na loita contra a pandemia da Covid 19".

Así as cousas os populares, califican de “escándalo” que se produzan este tipo de erros de xestión. "Son cartos dos melidenses, que lles corresponde por dereito pola recadación de impostos que a Deputación realiza en nome do Concello e que nos momentos máis duros da pandemia non se traduciron en liberar fondos para outras políticas sociais: o bipartito de Melide, a pesar de ser un dos pobos do Camiño de Santiago, non foi capaz de articular, por exemplo, axudas económicas para o empresariado e os autónomos que se viron afectados polos peches de meses o que, analizado a día de hoxe, coa devolución de case 103.000 euros constitúe unha auténtica temeridade na xestión económica e social do concello”.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Para os populares melidenses a devolución desta axuda social convocada expresamente para os Concellos “é a constatación de que o bipartito Pérez- Prado é incapaz de defender os intereses de Melide e os melidenses que ven como día a día mingua o seu poder adquisitivo e comercial coa desastrosa política local que estamos a sofrer”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page