top of page

O PP de Melide denuncia o retraso do goberno local na execución de obras de máis dun millón de euros

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Sinala que estas estaban programadas e presupostadas na lexislatura popular


Ecos da Comarca/Melide

Dende o PP de Melide consideran "inadmisible a pouca transparencia e veracidade" por parte do alcalde de Melide, José Manuel Pérez, que en palabras dos populares “acostuma a utilizar as redes sociais e os medios de comunicación local para practicar a demagoxia e

instrumentalizar os medios ao seu antollo”. Os populares denuncian así a "pouca veracidade á hora de narrar os orixes das obras que, dous anos despois das eleccións municipais, están sendo o principal balón de osíxeno dun goberno totalmente “morto”, opinan dende a formación.

A localidade de Melide. Autor: Ecos da Comarca.

Sinalan que durante o último mandato popular aprobáronse actuacións moi importantes para Melide "que agora o bipartito AM-PSOE tivo que licitar máis non é ético e supón un xogo sucio vangloriarse das mesmas cando foron aprobados en pleno, e a maioría dos edís que hoxe teñen responsabilidades de goberno criticaban as mesmas”, informan dende o grupo municipal popular.


A portavoz popular, Dalia García, indica a súa vez que “dous anos despois de ter entrado no goberno cada anuncio que se realiza en canto a infraestruturas é froito do traballo do PP, reformas de calado como o Campo Grande así como o arranxo integral en aglomerado en quente de numerosas pistas do rural ou as sendas de Folicheiro e da Martagona foron claras apostas do PP no seu día”, subliña. E asegura que “O PP

deixou xestionados en proxectos máis dun millón de euros en obras, obras cunha complexidade técnica importante (xestión dos permisos sectoriais en actuacións de calado) que supoñen un adianto á hora da contratación das mesmas; hoxe asistimos dous anos e uns meses despois a un atraso monumental na xestión pública a pesares de ter contratado o bipartito unha asistencia técnica en materia de contratación que ascende a case 20.000 euros”.


Dende a formación conservadora tamén reiteran que “o bipartito cansou de repetir que o PP non executaba os POS xogando co calendario e cunha lexislación moito máis farragosa á hora de contratar e hoxe, cos proxectos feitos, uns pregos de contratación moito máis versátiles despois das últimas modificacións aprobadas por unanimidade na Deputación da Coruña e sen unha presión de atención ao público e organización de eventos normalizada como na situación pre Covid. Este goberno demostra que está morto e con el

grandes actuacións para Melide". De feito, din os populares, "non temos noticia que se conseguira ningún investimeno “extra” dos que tiña negociado o PP coa Xunta o que é unha clara mostra do fracaso do mesmo.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page