top of page

O PP de Melide denuncia "o estado de abandono e perigosidade dos parques infantís do municipio"

Ecos da Comarca/Melide

O Grupo Municipal do Partido Popular de Melide quere denunciar publicamente "o grave estado de abandono que presentan diversos parques infantís do termo municipal, converténdose en espazos inseguros para os nenos e nenas que os frecuentan a diario".

"Entre as deficiencias máis preocupantes detectadas atópanse o deterioro evidente do mobiliario público (xogos rotos, oxidados ou con pezas soltas), a existencia de instalacións eléctricas sen protección ou ao descuberto, danos nos pavimentos que supoñen risco de caída, así como a ausencia de peches ou valados de seguridade", sinalan.


E indica que esta situación "foi denunciada en reiteradas ocasións por familias e veciños, sen que o Goberno local dera resposta nin acometera actuacións efectivas". Para o PP de Melide, "esta deixadez é inadmisible e pon en risco a integridade física dos menores".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por este motivo, apuntan que "o noso grupo vén de rexistrar unha solicitude formal de información ao Concello, para coñecer que empresas foron contratadas para o mantemento e revisión destes espazos nos últimos dous anos, que custe tiveron os contratos, que actuacións se realizaron realmente e que medidas están previstas para corrixir as graves deficiencias detectadas".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Os parques infantís deben ser lugares seguros e coidados. O que atopamos en Melide é unha mostra de falta de responsabilidade e preocupación polos espazos públicos destinados á infancia. Esiximos ao Goberno municipal que actúe con urxencia e deixe de mirar para outro lado”, sinalan desde o grupo popular.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page