O PP de Melide denuncia "o engano reiterado do Goberno coa piscina climatizada" e esixe explicacións
- ecosdacomarca

- 25 jun 2025
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide

O Partido Popular de Melide denuncia publicamente "o novo engano perpetrado polo equipo de goberno local en relación á piscina climatizada municipal". A formación popular considera "inaceptable que se siga xogando coa ilusión e co benestar dos veciños e veciñas de Melide cun tema tan sensible como é a posta en marcha deste servizo deportivo e social".
Publicidade
Recentemente, sinalan que a concelleira de Deportes anunciou que, tras unha reunión con representantes da Deputación da Coruña, a apertura da piscina municipal sería unha realidade en breve. "Non obstante, os documentos en poder do grupo municipal do PP desvelan que o Concello de Melide solicitou formalmente o cambio de obxecto da subvención nominativa de 299.999,96 euros, que fora concedida precisamente para as obras de reforma e ampliación da piscina municipal", tal e como aseguran os populares.
"Esta decisión, absolutamente contraria ao discurso público do tripartito (Adiante-BNG-PSOE), constitúe unha burla intolerable á cidadanía melidense. Esiximos que o alcalde e corporación dea a cara de inmediato e explique con claridade e transparencia os verdadeiros motivos polos que renuncia á execución dun proxecto tan esperado, que contaba xa con financiamento garantido", apunta.
Publicidade
Desde o PP de Melide consideran "que esta maneira de gobernar, baseada na propaganda e no engano, está afundindo a confianza da veciñanza nas institucións. O tripartito leva anos demostrando que non ten nin proxecto nin capacidade para xestionar. A súa falta de seriedade e compromiso deixa claro que Melide necesita un cambio urxente, un goberno que diga a verdade e que defenda de verdade os intereses da xente".








Comentarios