top of page

O PP de Melide denuncia "o desastre da campaña de desbroces do tripartito municipal AM-PSdG-BNG"

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide asegura que atende cada día a moitos veciños e veciñas de Melide "que se poñen en contacto coa nosa agrupación co fin de facernos chegar as queixas da execución da campaña de desbroces. A principios de xullo o 80% das parroquias atopábase xa moi avanzada a campaña cando nós estabamos ao fronte do goberno local; agora, pode comprobarse con so pasear pola vila ou ir ao rural como están todas e cada

unha das parroquias, unha cuestión pouco entendible e inescusable toda vez que o Concello de Melide conta con subvencións públicas para executar desbroces mecanizados así como dous tractores propios con aparellos para realizar estas tarefas de mantemento durante todo o ano”.

Dende o PP de Melide tamén se amosan preocupados "pola deixadez á hora de notificar limpeza de fincas xa que son moitos os veciños e veciñas que chaman para interesarse polo procedemento para denunciar matogais ao lado de vivendas que ano tras ano agravan o risco de incendio e a mala imaxe de vila, obrigando a viandantes a descorrer polo arcén por ser as beirarrúas intransitables".


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

A portavoz popular, Dalia García, indica “que é o desgoberno das excusas, pero non hai desculpa que vaia para que a inicios de xullo a meirande parte do rural melidense está sen desbrozar cando o Concello de Melide conta con subvencións públicas e dous tractores con desbrozadora propios para realizar ditos traballos” sinala.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Os populares melidenses rexistrarán unha iniciativa para saber cantas fincas foron notificadas e limpadas nesta tempada.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page