top of page

O PP de Melide denuncia "a deixadez no mantemento do mobiliario urbano e dos espazos públicos"

Ecos da Comarca/Melide

O Partido Popular de Melide manifesta "a nosa profunda preocupación pola absoluta deixadez e perigo derivado da irresponsabilidade do actual goberno municipal, que amosa unha total despreocupación polo benestar e a seguridade dos veciños. Nos últimos meses, a falta de mantemento fixo que moitos veciños tiveran que tomar pola súa conta medidas improvisadas para tentar paliar situacións que deberían ser atendidas polo Concello. Así, vense alcantarillas tapadas con plásticos para evitar a saída de cheiros procedentes do saneamento, unha solución caseira que revela a incapacidade total do goberno local para dar resposta a un problema que afecta á calidade de vida e á imaxe da nosa vila".


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A esta situación engádese, segundo indican os populares, "o preocupante estado de parques e espazos de lecer, con cableado solto en zonas frecuentadas polos máis pequenos, o que supón un evidente risco para a súa seguridade. Do mesmo xeito, os desperfectos e destrozos no mobiliario urbano continúan sen ser reparados, degradando progresivamente a nosa vila e xerando un ambiente de abandono que non merece Melide".


Mentres tanto, sinalan "o alcalde e os concelleiros permanecen desaparecidos, alleos

ás demandas e necesidades máis básicas da cidadanía".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o Partido Popular de Melide reclaman ao goberno municipal "que actúe con responsabilidade, poña solución de inmediato a estas deficiencias e se tome en serio o mantemento da vila, porque Melide non pode seguir nun estado de abandono permanente".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page