top of page

O PP de Melide denuncia "a deixadez do sistema de bombeo por parte do tripartito melidá causando graves danos medioambientais"

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide denuncia "a falta de dilixencia e xestión do tripartito melidá, desta vez no sistema de bombeos que surte a rede de saneamento municipal. Serán máis centos ou miles de euros os que teñamos que pagar en sancións produto dun goberno incompetente e incapaz de facer tarefas de mantemento” sinalan os populares melindeses ao fío "dun vertido e unha avaría na rede de saneamento municipal que non foi arranxada polo goberno municipal producindo vertidos incontrolados preto da EDAR municipal".

Fonte: PP Melide

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“É inaudito que cando lles tocou facer labores de oposición denunciaran permanentemente ao goberno popular e cando hai máis de 5 anos lle tocou gobernar son incapaces tan sequera de facer o mantemento e a limpeza dos pozos de saneamento e bombeo municipal,” sinala a portavoz popular, Dalia García.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais, engade que “traballamos arreo durante os nosos mandatos para separar augas pluviais de fecais, faciamos mantementos semanais do sistema de bombeo que é o que por defecto ten Melide e agora, día sí e día tamen, dende hai 5 anos, os melidenses estamos condenados a pagar sancións pola deixadez e a falta de dilixencia dun alcalde que nin está nin se lle espera xunto cos seus socios necesarios de goberno”.


Publicidade

Preme na imaxe para consultar programa e horarios.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Os populares pola súa banda, amosan a súa preocupación reiterada "debido a continua rista de sancións que o goberno melidense recibe incapaz de solventar os problemas para os cales os gobernos do PP no seu momento xestionaron proxecto técnicos e deixaron aforro suficiente para acometelos, aforro, que dilapidou o alcalde melidense na compra de solares privados cun procedemento de adxudicación de dubidosa legalidade".


Recordan os populares que a EDAR municipal "foi froito do traballo dun goberno popular investindo máis de 1,7 millóns de euros na depuración das augas de toda a vila, sendo que co goberno bipartito na anterior lexislatura (AM-PSdG) e tripartito nesta (AM-PsdG-BNG) o investimento e as obras de saneamento foron prácticamente nulas".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page