top of page

O PP de Melide denuncia "53 reparos de intervención por facturas irregulares e contratos que non cumpren coa legalidade vixente"

Ecos da Comarca/Melide

O Grupo Municipal do Partido Popular de Melide denuncia publicamente "a existencia de 53 reparos formulados pola Intervención Municipal durante o exercicio 2024, derivados de facturas irregulares e contratos tramitados fóra do procedemento legalmente establecido, moitos deles sen a preceptiva fiscalización previa". Sinalan que através dun informe "elevado ao pleno pola propia interventora municipal, quedou constancia dunha situación que", segundo advirten dende o PP, “é cada vez máis preocupante e demostra unha clara deriva na xestión económica do goberno local”.


"Entre as anomalías detectadas figuran incidencias en materia de nóminas, facturación irregular, recoñecementos extraxudiciais de crédito correspondentes a exercicios anteriores, así como certificacións de obra emitidas sen cobertura legal suficiente. Estes feitos motivaron, segundo recolle o informe, a remisión de información ao Tribunal de Contas, co fin de avaliar posibles responsabilidades contables ou financeiras".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“Está a xerar un desequilibrio financeiro evidente no Concello de Melide e unha vulneración reiterada dos principios de legalidade, control e transparencia na xestión dos recursos públicos”, aseguran os populares.


A situación, segundo manifestan dende o grupo popular “a pesar dos reiterados informes desfavorables que ano tras ano advirten destas irregularidades, o goberno municipal segue incumprindo de forma sistemática os principios básicos de legalidade, transparencia e control do gasto público”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Partido Popular alerta, ademais, de que "esta situación reiterada de incumprimentos e mala xestión económica está a provocar que o Concello de Melide entre nun desequilibrio financeiro preocupante, que podería ter consecuencias negativas para a prestación de servizos públicos e o futuro económico da entidade local". O PP de Melide esixirá responsabilidades políticas ante un contexto que cualifican de “insostible”, e avanzan que levarán ao pleno as iniciativas necesarias para reclamar transparencia, depuración de responsabilidades e unha xestión rigorosa dos fondos públicos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page