Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide reclama un axeitado mantemento do Cantón de San Roque "xa que ademais de ser un lugar emblemático da vila ao ser a súa praza central, é unha as vías polas que recibimos máis turistas internacionais, é dicir, pleno Camiño de Santiago, variante francesa".
Publicidade
Dende o Grupo Popular Municipal sinalan que "vimos constatando que son moitas as deficiencias: árbores que non volveron a plantarse, firme nunhas condicións de perigosidade para os veciños e veciñas, pasos de peóns que non se adecuaron á reforma da praza, sucidade que impregna o perímetro tanto do parque infantil como das xardineiras. Esta non é a imaxe que Melide pode dar nin aos seus veciños e veciñas nin ao exterior".
“Comprobamos que o Cantón de San Roque, en pleno Camiño de Santiago, está en pésimas condicións: suciedade pegada ás xardiñeiras, rotura de lousas de granito debido a un mal uso da praza cargandoa con camións de elevado tonelaxe, beirarrúas destrozadas o que ten como consecuencia una imaxe de Melide e do seu centro urbano que deixa bastante que desexar,” sinala a portavoz popular, Dalia García.
Publicidade
Por iso, apuntan que “o tripartito municipal debe de preocuparse máis pola xestión e o traballo diario que por seguir pugnando por competencias e carteiras municipais entre os tres grupos que conforman a coalición de goberno; xa hai 100 días que o novo mandato botou a andar e o único que puidemos constatar foi continuísmo no pasotismo e na decadencia, da que hai múltiples exemplos,” reiteran dende a bancada popular.
Comentarios