Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O PP de Melide demanda ao bipartito unha difusión "de calidade" da XXX Festa do Melindre

"Lamentamos non coñecer cales son as accións de promoción e de difusión que o bipartito melidense ten preparadas para a única festa de interese turístico da comarca” apunta


O PP de Melide lamenta que "a 20 días da festa de interese turístico galego máis importante da comarca non se coñezan cales van ser as estratexias de difusión, publicidade e promoción dos doces máis artesanais de Galicia e reis das sobremesas: melindres, ricos e amendoados". "O silencio que garda o bipartito local sobre este asunto fai sospeitar que non existe unha planificación no tempo sobre as accións promocionais e a pouco máis de dúas semanas da celebración da festa, non coñecemos a programación nin o cartel", acusa o grupo popular.


“É unha pena que a promoción dos melindres, ricos e amendoados lonxe de intensificarse nas semanas previas á festa quede esquencido por parte do bipartito e non se programen actividades prolongadas no tempo como se viña facendo ata hai dúas edicións”, sinalan os populares melindenses. Ademais, a voceira, Dalia García, recalca que xa denunciaron noutras ocasións, que"o bipartito local non ten unha estratexia integral de turismo, a falta de previsión da organización da trixésima edición Festa do Melindre é outra consecuencia máis da deixadez dos responsables municipais; o alcalde e o seu socio tiveron tempo máis que suficiente para adaptar ás accións de publicidade e promoción da docería tradicional da nosa vila ás restricións sanitarias anti-covid; así as cousas, hoxe os veciños, a comarca e incluso a nosa comunidade, non sabemos que pasará o segundo domingo de maio, tirando ao lixo un tempo moi valioso para promocionar o noso, o que nos fai distintos”.


Dende a formación conservadora instan ao bipartito a que traballe coas casas melindreiras man a man, quen, "despois dun ano sen festa e vendas moi minguadas pola propia situación de emerxencia sanitaria, necesitan un apoio institucional indiscutible cunha programación consensuada e efectiva para o impulso da imaxe da repostaría tradicional" cuestión que ata agora, os populares dubidan "que os responsables municipais puxeran en marcha".


Campaña en marzo

Cabe mencionar que o goberno de Melide presentou no pasado mes de marzo unha campaña debido a que pola situación sanitaria, este ano tampouco se poderá celebrar a Festa do Melindre e da Respostaría tradicional tal e como a coñecemos. "A campaña presentada ten por obxecto dar a coñecer os melindres, ricos e amendoados alén das nosas fronteiras, poñendo a Melide no mapa, convertindo á repostaría tradicional nun valor engadido para o turismo", indicou o goberno local o día da presentación desta campaña.

Os doces tradicionais de Melide.

Autor: Festa do Melindre.

23 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE