top of page

O PP de Melide demándalle ao tripartito local que convoque a Xunta Local de Seguridade ante a vaga de roubos que sofre a vila


Ecos da Comarca/Melide

O Grupo Municipal do PP de Melide solicítalle ao tripartito local que convoque a Xunta Local de Seguridade logo dunha vaga de roubos dos que os veciños e veciñas afectadas fixeron partícipes aos populares melidenses. Dalia García, portavoz do PP de Melide, sinala que “é inaceptable que a plantilla de Policía Local pola que tanto loitamos cando estivemos no goberno agora se vexa minguada e non se solucione a situación tendo partes do día continuamente sen cubrir co traballo que hai neste concello”


Publicidade

Por outra banda, dende o PP local subliñan “é un auténtico atranco ter un Concello de mans caídas cando a veciñanza sofre roubos día si e día tamén e o alcalde e os seus socios permanecen en silencio; que convoquen a Xunta Local de Seguridade e soliciten a Delegación do Goberno en Galicia máis efectivos de Garda Civil para a nosa demarcación”


Publicidade

"Non podemos ter esta imaxe de Melide", sinalan dende o PP Local que repercute en todos e cada un dos sectores, dende o agrícola ata o comercial e o hostaleiro e os propios

particulares. "As Forzas e Corpos de Seguridade da nosa demarcación xa fan máis que suficiente coa diezmada plantilla de axentes que ano tras ano non cubren as xubilacións ou vacantes dende o goberno local o que ten como consecuencia a proliferación de roubos e a inseguridade".


Publicidade

Por iso, denuncian e solicitan que á maior axilidade se tomen medidas para incrementar a seguridade na vila, comenzando por ampliar a plantilla da Policía Local na que "detectamos, moitos dos días, que non hai servizos programados", aseguran os populares.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page